sábado, 14 de noviembre de 2020

Banda deseñada do covid (páxinas 1-21) "A longa noite do coronavirus" / Lembranzas da corentena (E.V.Pita, 2020)

 

 Álbum en banda deseñada do covid "A longa noite do coronavirus"

LEMBRANZAS DA CORENTENA

Crónica do confinamento e da segunda vaga

Páxinas 1 a 21 

(E.V.Pita, 2020)

ÁLBUM EN PDF (PÁXINAS 1 A 12) Picar enriba:



Ver el link original:
https://evpitacomic.blogspot.com/2020/11/banda-desenada-do-covid-paxinas-1-21.html





Na Fin de Ano do 2019, houbo moita alarma en China pola aparición dunha enfermidade chamada covid-19, causada por un coronavirus, o SARS-CoV-2, que contaxiaba moito e corría como o lume. O virus era malo coma o demo. Ao cabo duns días, a cidade de Wuhan foi sometida a unha corentena. Daquela, xa estaban contaxiadas 80.000 persoas, das que morreron 3.000 (logo dixeron 4.600)

 En febreiro, o foco mundial do contaxio pasou ao norte de Italia, que tivo que pechar escolas, museus, tendas, suspender viaxes en avión e confinar á súa poboación.

 En marzo, o virus chegou a Madrid, e o 14 de marzo, o Goberno decretou o aillamento nas súas casas de 47 millóns de habitantes. Empezaban as lembranzas da corentena...

O álbum conta o que pasou ata o 17 de maio, en plena fase I do desconfinamento e a desescalada cara a "nova normalidade".



A obra, que está disponible en PDF, reúne en máis de 250 viñetas, un compendio do que pasou entre o 30 de nadal do 2019, cando un oculista chinés deu a alerta en Wuhan, ata o 9 de novembro, no medio da segunda vaga de covid en Europa, cuando Pfizer anunciou que tiña unha vacina cun 90 % de efectividade.

Este álbum de banda deseñada recrea os momentos posteriores ao decreto de estado de alarma do 14 de marzo, o posterior confinamiento, as fases da desescalada e os rebrotes e a segunda vaga, e a carreira mundial pola vacina.


PDF: Descargar ou ver "on line" o PDF do album neste link:
https://evpitawriting.files.wordpress.com/2020/11/coronavirusgalego1-21.pdf



............................................................................................................................................................


Nesta páxina, descríbese cómo foi a carreira mundial para ter a vacina. Desde os remedios dun médico rural de Nova Iorque ata as recomendacións dun epidemiólogo francés.

Tamén trata dos intentos dos grandes países por ofrecer unha vacina en tempo récord e na que participaron Rusia, China, EE.UU. e Europa. O relato non esquece os anuncios dos políticos americáns por ter unha vacina antes das eleccións presidenciais.

Finalmente, faise referencia ao logro de Pfizer de obter unha vacina dun 90 % de eficacia o 9 de novembro.















Nesta páxina lembrase cómo foi a declaración da pandemia mundial en marzo do 2020 por parte da OMS. Empezou a carreira dos países por facerse con máscaras de protección e iniciaronse as probas de PCR.

A poboación observaba con incredulidade cómo a enfermidade do covid saltaba dun país a outro cunha gran rapidez. Pronto empezaron a botar as culpas a algún país en concreto mentras outros restaban importancia aos contaxios. E houbo quen propuso facer unha "inmunidade de grupo" nun país enteiro.




................................................................................................................................................

OUTRAS PÁXINAS





-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

¿CÓMO IMPRIMIR O ALBUM?


CONSELLOS PARA IMPRIMIR ESTE ALBUM E TER UN RECORDO DA PANDEMIA

 
1) Para imprimir este album, compre picar neste link que leva ao PDF en liña. O PDF pódese ler "on line" ou baixalo.

2) DESCARGAR O PDF:


3) Unha vez descargado, compre imprimir en papel adhesivo e por separado a portada e tamén a contraportada.

4) Logo imprimir en papel forte, a doble cara, o resto do album, (unhas 26 páxinas). 

Consello: antes de imprimir, axustar ven as marxes das páxinas para que haxa aire. (probar cunha reducción dun 95 a 90 %).

5) Encuadernar con tapa dura (tipo libro) 

6) Pegar os adhesivos na portada e contraportada da encadernación. 



O resultado é un álbum de cómic ben feito que quedará como unha lembranza da época histórica da pandemia e tamén pode valer para facer un agasallo do Nadal. 



...............................................................................................................................

A VERSIÓN ANTIGA

(só recolle o confinamento)


Ver o album en PDF (páxinas 1 a  12) en:


.....................................................................................................................................

VERSIÓN EN CASTELÁN

A versión en castelán está dispoñible neste PDF:

Ver el álbum en PDF (páginas 1 a  21) en:
https://evpitawriting.files.wordpress.com/2020/11/diariocoronavirus1-21b-1.pdf


No hay comentarios:

Publicar un comentario