sábado, 15 de enero de 2011

1986- Pazo da Vieira: Protoidea do proxecto de Cidade da Cultura (edificio de vieira) en Santiago de Compostela en banda deseñada


Autor: E.V.Pita (1986)
Titulo: "Lucía foi o fin da Gallaecia"
Banda deseñada / Paxina 1
Inédita
Nota do autor: na última viñeta da primeira páxina desta banda deseñada aparece o debuxo do Pazo da Vieira, unha protoidea do autor do cómic que tamén tivo a ocurrencia de deseñar un edificio administrativo do Goberno galego con figura de vieira que ten moito parecido co gran complexo de edificios da Cidade da Cultura (construido a partir de 1999). Nesta banda deseñada de 1986, inédita, o Pazo da Vieira acolle ao Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela. Vese que a idea flotaba no ar desde había unha década ou máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario